Obter prestixio na rede é oposto a inmediatez reinante no online, custa moito e leva tempo. O prestixio e posicionamento no dixital non está exento de dores de cabeza, obxectivos fallidos e frustracións. Pero, cando alcanzas unha boa posición o medio tornase en vantaxe. Hai un dito no sector do posicionamento en buscadores, un tanto manido pero que non por iso deixa de ser certo: “se queres esconder un cadáver colócao na segunda páxina do buscador de Google”. Quizais é ser un pouco esaxerado? Pode ser, pero e que só un de cada dez usuarios chegan a segunda páxina. Mentres que os tres primeiros resultados acaparan máis da metade dos usuarios.

O bo posicionamento está ligado a unha mellora dos resultados.

Un bo posicionamento en buscadores e en redes sociais non se obtén da noite á mañá. É unha carreira de fondo, moi próxima a un ironman, onde o peso da bicicleta, o calzado adecuado, ou mesmo o gorro; poden ser elementos clave na vitoria. Nalgúns casos os deportistas destacan nunha ou outra disciplina. Neses casos toca coidar esas vantaxes competitivas, o mesmo sucédelle a calquera marca. Quizais sexan as redes socias onde destaque ela e o seu produto/servizo, quizais non. Onde destaque, ahí haberá que incidir. Non se chegará á cúspide nun mes, o éxito require de tempo, traballo e planificación; elementos non tan doados de atopar nas súa xusta proporción.

As redes sociais, e o mundo online en xeral, son un medio, non un fin en sí mesmo.

Son un canal para atraer e seducir, gañar tráfico pero en poucas ocasións trátase dun canal de conversión directa. Ninguén ten variñas nin petos máxicos, polo que magos e gurús non son os mellores compañeiros de viaxe. A viaxe é longa polo que iniciala xa é o recomendable, importa sobrelevar as dificultades e para iso o mellor son compañeiros curtidos en mil viaxes. Unha detallada planificación fará as dificultades menos esixentes, as etapas menos duras, o camiño máis curto e o éxito máis grande.


Pablo Roca

Levo a parte de analítica e estratexia na Betacunca. Amante do mundo online, dos cacharros tecnolóxicos e seriéfilo. Gosto de empregar anglicismos en dosis moderadas. Frase motivadora: “Faino ou non o fagas pero non o intentes”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *