Centos de historias que contar.

Este é o tempo do ruído. Os efectos da hipercomunicación (iso de enviar e recibir mensaxes de todo tipo durante todo o día grazas aos avances da tecnoloxía) son contrarios ao descanso, pero favorecen a información.

Cada quen debe escoller a súa posición, e decidir cantas historias está disposta
ou disposto a asimilar cada minuto, cada hora, e cada día.

O noso oficio é moi doado de explicar: enchemos a rede de historias; somos
culpables (uns dos moitos culpables) de que o que coñecemos como ‘internet’
sexa un pozo de información sen fondo. O éxito no noso oficio seguro que tamén saberedes entendelo: ser quen de que nese inmenso pozo unha historia destaque, interese e apaixone. O suficiente como para chegar ao público para o que foi creada.

A Betacunca, contidos dixitais

Quen somos e que facemos.

A Betacunca é unha empresa de contidos dixitais. Dedicámonos a axudar aos
nosos clientes a coidar a súa presenza na rede. Facémolo partindo dunha teoría
que defendemos a capa e espada: as historias interesantes e ben contadas
marcan a diferenza. As matemáticas e os datos van despois.

Sen complicacións
En todas as profesións existe xente interesada en complicar as cousas para que o seu traballo adquira máis valor. Non é o noso caso. Nós preferimos explicalas nunha linguaxe cercana, “traducida”. As cousas non son tan complicadas como algúns queren pintalas.

Que son os resultados?
Gústanos falar cos clientes e achegarlles unha idea realista do que supón o traballo na rede, que se asemella a unha carreira de fondo. Deben primar os resultados cualitativos fronte ós cuantitativos, non por seres estos menos importantes, senón porque moitas veces non supoñen o reflexo máis fiel da realidade.

O de aquí
O que mellor coñecemos. E da xente de aquí tamén sabemos moitas cousas, porque nós somos xente de aquí. E por iso pensamos que, aínda que todo o de Madrid pode soar máis novidoso, nós podémolo facer mellor.

Tratar ben á xente
Unha prioridade. E unha forma de entender o traballo. Non nos gustan as rixideces, nin as normas coas que adoitan funcionar moitas axencias. Aquí o bo ambiente é condición para todo o demais.

Tendencias
Estamos no mundo. Estamos ao día. Lemos moito e preguntamos máis. E loitamos contra a percepción dos que pensan que este recuncho do planeta nunca será vangarda.

Por obra e graza da lingua!
De calquera lingua. O noso equipo escribe en galego, en castelán, e se é preciso tamén en inglés. Son das poucas ferramentas imprescindibles no noso traballo, e por iso facemos mil esforzos por coidalas

A Betacunca, contidos dixitais

En resumo!

Estas son catro cousas que facemos, e que cremos que facemos ben:

  • Xestionar páxinas e perfiles en redes sociais. Non só nas máis coñecidas, senón naquelas nas que se atopan as persoas ás que a tua marca lle quere falar. Altavoces hai moitos, pero precisan ser ubicados nos espazos correctos. Planificamos estratexias adaptadas a cada rede, pois cada unha ten as súas particularidades. Creamos contidos multimedia para difundir nas mesmas e redactamos textos que aporten información orixinal e novedosa ós lectores
  • Estructurar e redactar os contidos da túa páxina web. De programar
    preferimos que se encarguen outros, seguro que o farán de mellor xeito!
  • Planificar estratexias de publicidade na rede, optimizando orzamentos e xestionando a publicación de anuncios en diferentes plataformas.
  • Revisar que a presenza da túa marca ou empresa na rede se axusta ao que esperas, coidando de que toda a información sexa correcta, de que as críticas e comentarios sexan positivos, ou de que apareza nun lugar visible dentro dos principais buscadores.