Google, YouTube, Gmail, Android, Maps, ou o recente Home… cada día empregamos os servizos gratuitos deste xigante tecnolóxico, pero ¿cómo gaña diñeiro? Google, ou mellor dito Alphabet, obtivo, según datos do portal Statista, 30.996 millóns de dólares tan só no primeiro trimestre do 2018.

O seu crecemento mantívose constante ano tras ano dende o seu nacemento. ¿Ónde está o limite? Aínda que de beneficios non andan escasos, Larry Page, o CEO da compañía, admitiu anos atrás “Se estivésemos motivados polo diñeiro, fai anos que teriamos vendido Google e estaríamos na praia”.

O seu negocio, como máis de un pode imaxinar, é a publicidade. É a axencia de publicidade máis grande do mundo. Coa utilización dos seus servizos gratuitos, algúns deles xa mencionados, coñece o mercado e as tendencias, adaptándose a elas. Aporta ás empresas datos demográficos e de comportamento de usuario moi útiles para afinar a publicidade online.

De xeito que de todos eles obteñen máis información do usuario. Contan con inversións en diversas materias, dende Google Ventures apórtase capital a proxectos curiosos e pouco comúns. Como crear hamburguesas vexetarianas, coñecer a procedencia do teu ADN ou ben apostar pola competencia do sistema operativo para móbiles Android, a lista é interminable.  Todas estas apostas son inversións, en moitos casos, a longo prazo que paga a publicidade que as empresas fan no buscador.

O buscador mantén o resto de actividades da empresa, xa que estas téñen pérdidas. Os beneficios en departamentos que non son o propio buscador aportan ganancias irrisorios en comparación con este.

Beneficios de Google desde 2008

Como calquera empresa, Alphabet busca simplificar o traballo aos seus clientes para que se sintan cómodos e sen agobios. Por este motivo, anunciouse fai uns días cambios nos seus departamentos coa intención de simplificar a súa oferta de publicidade dixital. Servizo que como mencionamos antes é a columna vertebral sobre o que se sostén este imperio tecnolóxico.

  • Adwords renoméase como Google Ads, cambio que se une ao novo deseño do panel de control.
  • A antiga “suite” de Analytics 360 e unha parte dos servicios ofertados pola plataforma DoubleClick combinaranse nun novo servicio denominado, Marketing Platform.
  • Mentres, os restantes servizos de DoubleClick pasarán a plataforma Ad Manager.

Nestas plataformas da compañía de Mountain View as empresas poderán elixir entre un amplo abano de posibilidades: anuncios no buscador, vídeos en YouTube, Google Maps ou Google Play. O número de posibilidades sumado ao coñecemento do usuario fan destes servizos, ferramentas clave para o éxito da publicidade na nube.

Se estás interesado en coñecer máis sobre a información persoal que Alphabet ten sobre ti, preme nesta ligazón.


Pablo Roca

Levo a parte de analítica e estratexia na Betacunca. Amante do mundo online, dos cacharros tecnolóxicos e seriéfilo. Gosto de empregar anglicismos en dosis moderadas. Frase motivadora: “Faino ou non o fagas pero non o intentes”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *