Gústanos aprender do voso!  E temos unha premisa: para facelo ben, temos que coñecer: ás persoas pero, sobre todo, a historia e orixe da marca.

Ler é unha paixón que levamos ó noso día a día, ao autobús, a praia e mesmo as terrazas dos bares. Somos dos que cremos que o coñecemento e a creatividade poden ser as ferramentas máis valiosas. Por eso, investigamos e analizamos o entorno e a competencia do sector.  Se eres coma nós esta ferramenta pode ser de interese.

Presentamos propostas de mellora para redes sociais xa creadas ou comezamos de cero coa creación de contas, a selección da liña estética e textual, o libro de estilo, a estratexia…  O importante, queremos contar historias que destacan na rede, non aquelas que morren cada día nun cemiterio dixital pragado de contas baleiras e desusadas.

Un artigo publicado en La Voz de Galicia amosaba datos pavorosos. E é que, agora mesmo, calcúlase que, so en Facebook, os usuarios defuntos superan os cincuenta millóns, e alí seguen.

Imaxinemos entón a cantidade de contas desfasadas.

É a calidade e non a cantidade a que debe prevalecer sempre no noso pensamento. Escoller a canle de comunicación que máis se adapte á nosa marca e non estar por estar nin en todas nin nas máis importantes.  

Coidar a imaxe dixital dunha marca pasa pola atención do deseño, as cores corporativas, as fotografías, a periodicidade das publicacións, o tipo de comunidade á que aspiramos e a estratexia a seguir para acadar os obxectivos e retos que ímos marcando no tempo.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *