Feedly é un lector de noticias (RSS) moi fácil de empregar. Grazas a esta ferramenta evitase a molestia de ir de blog en blog e o tempo que isto supón. En Feedly subscríbeste ás webs que che interesa seguir e, coma se se tratase do timeline de Twitter ou Facebook, aparecen as novas. Resulta especialmente interesante para seguir blogs ou medios de comunicación. Dun vistazo lees o titular da publicación e o medio no que foi publicada. Podes acceder a un resumo da mesma e se queres saber máis, conta con enlace a fonte orixinal. Isto permite escanear as últimas novidades e centrarse naquelas máis interesantes para ti.


Feedly serve para:

  • Manterte actualizados das últimas novas de medios e blogs.
  • Escanear noticias e acceder a elas, se son de interese.
  • Cazar tendencias
  • Analizar a competencia
  • Filtrar mediante o emprego de categorías
  • Útil a nivel persoal e profesional

O mellor de Feedly é que é gratis, aínda que existen opcións de pago.

Para un uso persoal a versión gratuita chega dabondo para iniciarse. As opcións de pago poden ser útiles a nivel empresa ao realizar monitorizacións máis intensivas e a vantaxe evidente de poder empregar alertas personalizadas. A nivel visual a interface é minimalista, no lado esquerdo na versión de escritorio temos unha columna na que se clasifican as noticias en función das categorías creadas por nós mesmos. Mentres a dereita e ocupando a maioría do espacio de traballo móstranse as noticias. As versións de tablet e smartphone manteñen o deseño. A visualización das noticias pódese modificar, xa é cuestión de gustos. Nós empregamos o formato magazine que conta con foto, título e breve descripción; moi recomendable se segues a centos de páxinas.

Unha das vantaxes máis importantes de Feedly é a posibilidade de crear categorías nas que engadir as páxinas que segues. As posibilidades destas son enormes. Pódese crear unha categoría para a competencia directa, coñecendo en pouco tempo que é o que están a facer, podes crear categorías de medios para cazar tendencias no teu sector de forma máis doada ou podes manterte informado, que nunca está de máis. É unha boa fábrica de ideas e inspiración se queres manter ao día as túas redes sociais. Máis adiante e se vos gustou ampliaremos información sobre esta ferramenta moi útil para prácticamente calquer sector. Con esta ferramenta podes leer antes que ninguén os artigos máis actuais de A Betacunca como cando falamos de superheroínas. Se che gustou, comparte e difunde; un pouco de feedback nunca ven mal.


Pablo Roca

Levo a parte de analítica e estratexia na Betacunca. Amante do mundo online, dos cacharros tecnolóxicos e seriéfilo. Gosto de empregar anglicismos en dosis moderadas. Frase motivadora: “Faino ou non o fagas pero non o intentes”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *