Esta historia comeza no 2012. É a historia duns veciños namorados e orgullosos da súa terra a partes iguais. O 7 de Decembro do mesmo ano, deciden porse en marcha e explorar a paisaxe que os rodea, a costa da morte. Partiron cun obxectivo claro: unir a pé Malpica con Fisterra a través dun camiño entre faros ó longo do mar.

A moitos de nós seguro que nos ten pasado. Coñecemos un rincón case segredo na nosa cidade ou vila, un lugar onde acudimos cando queremos descansar ou sentirnos en unión cas nosas raíces. Ós trasnos tamén lles pasou pola cabeza protexer o seu descubrimento. Finalmente, nun acto de xenerosidade decidiron compartilo có mundo e elixiron unha canle sen límites no noso tempo, a rede.

“Aínda que a materia prima é o máis importante, as redes sociais foron un acelerador do proceso”.

E así foi como decidiron crear unha páxina en Facebook e convocar a máis xente para realizar de novo o tramo e comezar a delimitar a primeria das rutas Malpica – Niñóns. Un ano máis tarde fundaron a Asociación O Camiño dos Faros e o resto do conto seguro que xa a coñecedes. Veñen de estrear programa na Televisión de Galicia e falan do Camiño ata nos Estados Unidos.

En palabras dun dos trasnos responsable: “aínda que a materia prima é o máis importante, as redes sociais foron un acelerador do proceso. Estar presentes en Facebook, Twitter, Instagram e ter a canle en Youtube fixo que moita máis xente coñecera o camiño en moito menos tempo”.

Esta é tan só unha das aventuras que xorden como pequenos proxectos colaborativos e que grazas o potencial da rede, desencadenan nun sinfín de oportunidades. Certo é que no ecosistema de Internet xérase as veces moito ruido, danse informacións pouco claras e cóntanse cousas sen apenas interese. O reto entón, atópase en rescatar e transmitir esas historias que de verdade destacan e apaixonan.

A ruta dos faros de Malpica a Fisterra está a gañar cada vez máis interese.

Nos anos que estamos a vivir (e nos que virán), o poder de comunicación das redes sociais non coñece fronteiras. Elas son as encargadas de amosarlle o mundo proxectos locais, de descubrirnos xentes e paisaxes totalmente distintos ós nosos e de demostrar que o poder das historias que se contan nelas non parece ter termo.

Hoxe, O Camiño dos Faros atrae o interese de persoas a nivel nacional e internacional. Estos 200 quilómetros, cás súas 8 etapas, que separan Malpica de Fisterra bordeando o mar, mostran a cara máis doce da nosa terra, esa da que temos o deber de presumir e a obriga de protexer.

O mesmo sucede cas historias.


1 Comment

Coñecemos as ferramentas e investigamos os contidos - A Betacunca · 20 Xuño, 2018 ás 12:29

[…] da liña estética e textual, o libro de estilo, a estratexia…  O importante, queremos contar historias que destacan na rede, non aquelas que morren cada día nun cemiterio dixital pragado de contas baleiras e […]

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *